Teatro de rua

Noción

Entendemos por teatro de rúa aquel no que a rua é condición necesaria. Sería o caso de Bread and Puppet, dalgúns espectáculos de Els Comediants, etc, asi como dos pasarrúas, espectáculos de teatro de animación, de teatro con pirotecnia, etc. So se poden facer na rúa. Entendemos por rúa "vía pública entre edificios e solares" (DRAE). É dicir, a rúa está asimilada á cidade (non ao campo) á polis, e é por tanto un teatro moi político: está vinculado ao dereito de falar libremente e para calquera. E ao tránsito, algo que non sucede tanto coa praza, que e un concepto maís estático. É significativo que en Terra Mítica hai espectáculos de rúa, que se realizan nas vías, e os espectáculos por antonomasia que se realizan nun coliseo ou en anfiteatros.

Outros trazos diferenciais:

  • Disposición espacial: circular ou ambulante, fundamentalmente.

  • Forma e temática: festa, teatro ritual, teatro político, teatro relixioso.

  • Estrutura e duración: Argumento débil, ou prescindible, ou coñecido de antemán polo público. Habitualmente son máis breves que o teatro de sala.

  • Personaxes que ás veces son alegóricos, pero que rara vez demandan unha forte encarnación; un tipo de performer especializado en animación; ausencia de cuarta parede; habilidades físicas ou circenses.

  • Loxística: As compañías teñen que coordinarse coa organización do evento en relación a cortes de tráfico, permisos para pirotecnia, amplificación de son, iluminación (ou ausencia da mesma), etc.

  • Dimensións xigantescas e tamén formatos mínimos: É específico deste tipo de teatro o emprego de elementos que pola súas dimensións non caberian nun teatro, como inchables ou mapping, estruturas e figuras xigantescas. Ao mesmo tempo é un teatro que permite a proximidade extrema co espectador (caso da foto de portada), algo que tampouco se podería dar no teatro convencional. Por exemplo, é moi acaido para maxia de perto.

  • Non hai billetería. Os artistas están pagados polo concello ou outra estrutura cultural, que, por outra parte concede os permisos necesarios. Se non hai permiso municipal, non hai actuación. Existen tamén o que os británicos denominan buskers (a person who entertains in a public place for donations) entre os que contariamos as estatuas vivintes, músicos de rúa, globoflexia, organilleiros, repentistas, medicine show, magos, etc.

  • É un acto político. O espectáculo de rúa modifica as normas sociais. As distancias entre as cidadanas redúcense. Míranse, sorrin, rozanse e falan entre eles.

  • Distribución: O mercado fundamental do teatro de rúa son os festivais de teatro. Tamén se dan en eventos, festas patronais, etc. É dicir, do mesmo xeito que no antroido, creánse as convencións necesarias para que sucedan cousas extraordinarias na cidade. É inhabitual que se inclúa nunha programación regular.

  • Técnicas específicas do teatro de rúa: Danza vertical, Zancos, Pirotecnia, Animación...

Hai espectáculos que poden ser na rua ou en sala indistintamente, como por exemplo os títeres de cachaporra, algúns espectaculos da oralidade (regueifas, contacontos...), etc. Pero nos non diríamos destes espectáculos que son DE rua, senón que se fan ou se poden facer NA rua.

Por último tamén hai espectáculos que se fan ao aire libre, como por exemplo o teatro grego, as dramatizacións do patrimonio, algúns site-specific, etc., pero non na rúa, entendida como lugar de tránsito entre edificios.

Seguimos o criterio -habitual nesta web- de partir da noción intuitiva que ten o público, xa que pensamos que o espectáculo está baseado por definición na experiencia estética, ou sexa, na do público. Neste sentido, coidamos que o espectador común (non especializado) entende por teatro de rúa aqueles fenómenos -realizados por actores profesionais- asimilables a feiras (volatineiros...) e festas patronais (procesións, bandas ambulantes de música...), ritos cíclicos (San Xoan, Antroido...) e celebracións (Xogos Olimpicos...), que se hibridan con frecuencia con espectáculos pirotécnicos, de risco (parkour, etc.)

A danza, as artes circenses e os títeres tamén adoitan hibridarse co teatro de rúa. Mesmo así, a expectativa diante dun Festival de teatro de rúa é diferente á expectativa que temos a respecto dos festivais de títeres, dos festivais de danza na rua, da pirotecnia, do clown e de artes circenses. Así como os encontros performativos de site specific, ou o teatro relacional asociado a propostas psicoxeograficas. Sería o caso en Galicia de En Pe de Pedra, a MIT, o Festival de Titeres de Redondela, Escenas do Cambio, etc.

Podemos asistir a un site specific puntual nun festival de teatro de rúa (e viceversa), pero se nun festival de teatro de rúa houbera un peso significativo do site specific (ou de títeres, etc.), isto confundiria (e probablemente defraudaría) ao espectador.

Concordamos con Saumell en que "el teatro de calle juega un papel importante en nuestras ciudades como oportunidad de vivencia lúdica compartida, como índice de salud democrática y de libertad. En algunos países está prohibido. En Occidente las medidas de seguridad en el actual clima de lucha contra el terrorismo, nos sitúa ante un replanteamiento del teatro de calle en el siglo XXI"


Seguiremos o artigo de Mercè Saumell TEATRO DE CALLE (1960-2017).

Algúns dos casos de Teatro de Rúa xa foron vistos nos temas Clown, Títeres, Rito, Festa e Cerimonia e Performance.

Algunhas técnicas específicas

Danza Vertical

Aerial Cirque

Extrañamento do clown: impro

Un tipo de espectáculo de rua baseado no arquetipo do clown para o que o mundo é novo para él.

Pirotecnia

Xarxa Teatre

Festivais









Controversia sobre a noción

"Los anglosajones utilizan el término outdoor theatre, y los franceses hablan de un concepto más extensivo, artes de la calle, que incluye el teatro, como la danza, el circo, las instalaciones, el site-specific o incluso la ópera". (Mercé Saumell)

Polo que nos sabemos, o "outdoor drama" é un xénero que poderiamos asimilar ás nosas Dramatizacións do Patrimonio (festa da Arribada e outras. Ver The Lost Colony, Tecumseh e outras). "Outdoor theatre" designa máis ben o teatro que sucede "outside and not in a building" (Collins). Nomeadamente, os anfiteatros ao aire libre (ver video anexo)e algúns que hai instalados en parques públicos ou parques temáticos (ver https://www.milleroutdoortheatre.com/).

O Teatro da India desenvólvese fundamentalmente NA rúa (outdoors), pero non comparte as características anteriormente mencionadas sobre o Teatro DE Rua

En calquera caso, os franceses refírense adoito ao Théâtre de rue, e os anglosaxóns ao Street Theatre.

"Desde la eclosión de los años 60, se han creado nuevas estéticas y nuevas fórmulas dramatúrgicas en el teatro de calle, como el site-specific, y un uso contemporáneo de los géneros escénicos históricos al aire libre tales como la procesión, las parades u homenajes, o bien proposiciones de nuevo cuño como los paseos o caminatas colectivas propuestas para crear otras cartografías urbanas." (Mercé Saumell)

Nesta páxina non consideramos teatro de rúa ao site specific, senón unha forma de performance. Tampouco consideramos teatro de rúa ás "caminatas colectivas propuestas para crear otras cartografías urbanas".

Fotografía do antroido da Coruña 2022: Interacción co publico, itinerancia, crítica. Foco na recepcion, detallismo.

Isto non é teatro de rúa: é antroido

Son duas mullleres (que non son actrices) e que van disfrazadas (en realidade van vestidas) de dependentas de Zara cun percheiro con ropa e outros elementos como roupa colgada, caixa rexistradora, e walkie-talkie.

«Queríamos hacer algo que fuese muy coruñés y que, al mismo tiempo, nos sirviese para interactuar con la gente... fuimos el viernes por la tarde a un Zara a tomar nota de los detalles, desde el calzado a los complementos». «Tardamos dos horas en atravesar la calle de la Barrera», contan, porque a xente entraba no xogo e pedialles tallas ou devolucións dunha prenda.

Breve historia

El teatro y las artes de calle emergen entre 1960-1970 en un contexto global de gran renovación de los lenguajes artísticos. Aquella fue la época de la consolidación de las políticas culturales públicas. É por tanto un fenómeno moi vinculado á contracultura.

En España, este cambio se producirá más tarde con la llegada de la democracia tras 1975 y el teatro de calle nacerá estrechamente vinculado al Teatro Independiente.

“Vivimos en la actualidad una paradoja irónica (...) rodeados de sistemas de vigilancia y de amenazas por la locura terrorista. Se intuye el peligro de considerar la calle como un lugar incierto y peligroso. (...)

Pero es cierto que, al mismo tiempo, las instituciones, los teatros y los museos promueven acciones en la calle y en el espacio público para incidir en un público nuevo. Existen nuevas aproximaciones entre creación artística y ciudad (...)

El teatro de calle contribuye a los principios de hospitalidad, sensibilidad, participación, sorpresa y diversión. Cito para finalizar unas palabras de Joan Font, director de Comediants, en este sentido: “Siempre hay un momento en que el público identifica la calle con su casa, y es entonces cuando se produce una manifestación espontánea de gozo y de placer” (Mas, 2006: 53).

Controversia sobre clasificación

Mercé Saumell achega unha clasificación que coidamos que é debedora da compilación de Jan Cohen-Cruz "Radical Street Performance An International Anthology") e que consta destes apartados: Agit-prop, Utopía, Ritual, Viaje, Cotidianeidad, Puesta en escena de textos dramáticos.

A clasificación resulta un tanto extraña, e pensamos que se debe a que o referente de Cohen-Cruz non é o teatro de rúa, senón o que él denomina radical street performance. Por un lado o autor non se está a referir ao teatro de rua (o marco conceptual non é), senon á performance entendido no marco da Teoría da Performance, ou sexa, como calquera fenómeno performativo, desde a vida cotiá ata o terrorismo. É dicir, non se refire dun xeito específico ás Performing Arts. Por outro lado, emprega o adxectivo radical, e enténdeo como "accións que cuestionan ou revisan mecanismos sociais enraizados no poder"

Agit-prop

min 00-2, Outro video: 2:25-3:12

Orixes no teatro soviético de masas.

Enlace a Teatro Político: Piscator, Reinhardt, Brecht.

Utopía

Utilizan formas históricas como procesiones, mascaradas, cabalgatas... de carácter futurista (Royal de Luxe) ou artesanal (Bread and Puppet, Odin Teatret...).

Cotiá

Hasta min 3.

A acción inscribese no ritmo urban (La Cubana, Bekereke, Trapu Zaharra, Markeliñe, Cachuet Turbo Théâtre…)

Ritual

00:40-2:00.

Recuperan elementos da cultura popular: procesions, Misterios, Via Crucis, Carnaval, ciclo pascual ou de Corpus Christi... tamén teatro popular e commedia dellárte. Comediants , Xarxa Teatre, San Francisco Mime Troupe, The Footsbarn Travelling Theatre, Teatro Guirigay...).

Institucións

Posgrao de Creación en Artes de Rua, que de forma bianual convoca FiraTàrrega e a Universidade de Lleida. Os cursos da FAI ART (Formation Supérieure d’art en Espace Public ) con sé en Marsella, e o BA Street Theatre, un grao oficial da Universidade de Winchester (UK).

Os profesionais españois do teatro de rúa están asociados en PATEA, Asociación Estatal de Artes de Calle.