Contada para nenos:
O título xenérico da contada é "contos da lúa", porque varios dos contos teñen relación coa Lúa. O repertorio das contadas é variable, pero habitualmente a contada para infantil consiste en: dous contos con bonecos, dous ou tres contos con participación dos nenos e dous ou tres contos narrados.

Contada para adultos:
Hai conto popular, un romance medieval contado con títeres, algúns milagres do Camiño de Santiago e outras historias e fabulacións.

Curriculum contacontos:
Algunhas actuacións salientables como contacontos: Na TVG no programa "Apaga a lus", na "Universidade de Santiago" no marco dos cursos de español como lingua extranxeira (Anos 1998, 1999, 2000, 2001, 2002 e 2003), na "Universidade de Varsovia" e na de "Cracovia" (Polonia. Ano 2002), na "Universidade de Braga" (Portugal. Ano 2003), na "Radio Galega" e nas campañas de Animación á lectura da Consellería de Cultura.


O meu xeito de contar é moi visual, e se alimenta principalmente de fontes literarias. Nos meus contos sempre procuro que haxa maxia e poesía, e nunca falta un elemento de comicidade sutil.

Duración:
A duración das contadas é de 45 minutos.


*CONTACTO*

Correo electronico: santiprego@santiprego.com

Mobil: 609 320 907



CANTAR DE CEGO


Santi Prego – María Xosé López
Presentan
"O crime da Rabadeira e outros contos, sucesos e romances"

 

O espectáculo é un cantar de cego-contacontos-actuación musical que comprende diversas formas de teatro popular, como contacontos, monicreques, cantares de cego, romances antigos e diversas formas tamén de música popular.


SINOPSE

Unha cega e o home que lle fai de guía chegan á praza da vila. O home monta o cartel e a cega toca a zanfona, e comeza o relato do espeluznante crime da vila de El Rabiño. A continuación seguirá o relato de milagres famosos acontecidos no Camiño de Santiago, cantarán romances antigos como o de Don Gaiferos ou o de Dona Eusenda, que vai representado con monicreques, tocarán pezas populares coa gaita e a pandeireta, e acabarán cantando e contando o romance do espantoso crime da Rabadeira.

DURACIÓN: A duración do espectáculo é de unha hora. Pódese fragmentar en pases de vinte minutos.